domingo, 30 de diciembre de 2007

O candil do diaño


Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é o episodio “ do farol”.Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou este episodio entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos de mutuo acordo, non contarllo a ninguén ao chegar a porto, pois temiamos ser tomados por ilusos ou simplemente por mentiráns.Todo isto aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era chan como a superficie dun barril de aceite e nin unha lixeira brisa atenuaba o calor reinante.Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun pecio de procedencia e nome descoñecido o que nos chamamos para diferencialo de outros o casco do Celta. Como estaba tan calma, decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos nel.Logo de varias horas e múltiples esforzos, fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a conseguinte perda de tempo.Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi bastante boa, o que mitigou parte do tempo perdido. Preparamos outra rede e volvemos a largar os artes.Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que viron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre, iso e soamente iso, foi o que viron estes olliños, os que vermes algún día han de comer.Un obxecto estraño de metal , que en un principio asemellóuseme a una caixa, apareceu entre a pesca.Baixei a cuberta para ver de preto o que era, e ao observalo mais polo miúdo vin o que parecía ser unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus catro lados; No seu pináculo tiña unha argola , que supoño seria para poder penduralo, e non mediría mais duns 30 Cm. De alto por 15 de lado.Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente nos vellos navíos de vela, para nas noites de navegación alumear, e así facerse visible para outros posibles barcos que navegasen preto da súa derrota.Un mariñeiro alcumado “O Valente” manipulaba o farol ca intención de abrir algunha das súas portas , e cando por fin o conseguiu, cal seria a nosa sorpresa ao poder ver... que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior da lanterna.“O Valente” non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal a súa sorpresa que
deixou caer o “artiluxio do Demo” na cuberta, como se mesmo fora cousa do diaño o que acababa de ver.
Nun longo período de tempo no que ningún de nós se atreveu a tocalo , observabamos a súa luz acesa e desafiante a todas as leis coñecidas da física e da razón. Entón eu, posuído dun valor que tan so proporciona o medo , nun rápido movemento guindei o farol por fora da borda o mar. Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades mariñas (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa terrorífica luz, logo , nada.Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.Decidimos non contarllo a ninguén o chegar o porto, pois certamente nadie nos houbese crido e houbésenos tomado por mentiráns ou por algo aínda peor.
Agora pasado o tempo , decídome a contalo, ca intención de compartir con todos vos tan pavoroso acontecemento, facendo de este modo un claro acto de confesión co que tratar de aliviar os pesadelos que me perseguen dende aquel maldito día.
Aínda hoxe , logo de tantos anos, ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se aquel brillo diabólico me estivese alumeando aínda.
Manuel M. Caamaño
28-12-06

jueves, 27 de diciembre de 2007

Mensaxe nunha botella







Non sei como empezar, estou nervoso pola nova que acabo de recibir.

Eu houbo un tempo que tódolos días cando ía para o mar , collía nunha maquina expendedora de bebidas refrescantes dúas botellas de Coca Cola.
Nestas botellas logo de baleiradas as veces metía un papel co nome do barco, unha situación xeográfica por coordenadas e mais a miña dirección de correo electrónico, e logo de ben pechadas , tirabas o mar.
De todo isto fai xa mais de tres anos, e nunca mais supen.

Agora acabo de recibir un correo que me deixou totalmente abraiado!!!

Pego a qui a mensaxe orixinal en inglés e logo cóntovos.




Hi, let me introduce my self. My name is Catherine Thompson and I am from
Sidney, Australia. Probably you are a bit confuse about this message but I am
going to explain it right now.
Last weekend I was walking alongside the sea
in a so cute beach, “Cronulla”, close to Sidney. I was playing with my little
dog “Johni”. We are used to play at the same way, he usually pick up some
things on the sand and then I through them away. When, one time, he brought me a
coke bottle. I thought that it was a normal bottle, but when I took it in my
hands, I realized that it was a special letter. A letter inside a bottle.
In
that moment I felt like a little kid when they have a fabulous present. I opened
the bottle and started to read the letter. The problem was that the letter was
in a different language so I introduced the text in Internet and translated it.
The letter was a bit distorted, I think that it is probably about the water.
Maybe, even with the bottle so closed, some water could filtrate through it. I
don´t know when you send the bottle, why you send it, and so on. I have so much
questions about this matter.
In the letter I rode an e_mail address to get in
touch just in case. That is the way I am in touch with you. I am till in shock
about this issue, I can´t believe that something like that could happen. I am
really anxious and, believe me, a bit nervous. I never saw the same. It was so
great if you could get in touch with me and tell me how it could happen. I know
that it is a bit confuse and incredible. I will send you a photo about the
bottle enclosed.
My e_mail is: XXXXXXX@gmail.com

A prompt
replay will be appreciated.
Thanks so much



Para os que como eu non sexades destros no idioma inglés , cóntovos o que mais ou menos ca axuda dun tradutor on-line puiden comprender.


Catherine dende Australia dime que paseando co seu can por unha praia preto de Sidney atopou unha botella de cola que parecía ter un papel dentro.

O abrir a botella puido comprobar que o papel tratábase dun mensaxe , do que a pesar de estar algo húmido e bastante deteriorado puido ler un nome (M/P SIDRI ROBER), unhas coordenadas xeográficas , e unha dirección de correo electrónico ( a miña).

Que se pon en contacto comigo para saber si realmente eu tirei esa botella o mar e si é así parécelle incrible que houbese chegado a botella a Australia en 3 anos.



Acabo de contestar o seu correo e espero que me de mais detalles para poder contarvos mais polo miúdo o caso.






Catherine enviame tamén dúas fotos do achádego que poño aqui.
A primeira e o papel do mensaxe e a segunda é a botella na praia, tal como a atopou o seu can.


miércoles, 26 de diciembre de 2007




Podo argallar os desexos mais ledos neste intre.


Ser Belerofonte e cabalgar no lombo de Pegaso


sobre un arco da vella que me leve a Helicón


onde atopar a máxica fonte que de senso as miñas verbas.


Ou poida que sexa Ulises,


nómade nun mar inclemente.


E deixarme prender polas cantigas doces das nereidas.


Ou ser Caronte quizais, e loitar con Cacerbero


para conseguir entrar no Hades na procura de Persefone


e abandonar para sempre a miña barca da Estigia lagoa .


So con pechar as pálpebras podo ver ...


So con cegar os ollos podo estar ...


A realidade so esta mais aló do senso;


As verdades absolutas tan so aniñan no maxín.


O cotián so e unha burda entelequia,


recuncho onde esvaecen ate finar as vontades.


Un oneroso tránsito na procura da eternidade.


Por iso, podo argallar neste intre os mais ledos desexos.


Ou quizais non sexan desexos, nin tan sequera ledos,


e tan so sexan atormentados anacos de realidade....


Manuel M. Caamaño

lunes, 24 de diciembre de 2007

De momento ainda estou en

http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/blog


Pero estouno a pensar

O Vello Capitán





O vello capitán apoiado no peitoril do alerón do enorme petroleiro que mandaba , observaba absorto aquelas augas dos mares do sur dunha cor verde intenso.
Aquelas mesmas augas que navegara por primeira vez cando era só un mozo e inexperto alumno de ponte, facía case medio século antes.
Procedía o vello capitán dunha familia de rancia tradición mariñeira, e o optou por non romper esa tradición.
Sendo aínda case un neno ingresou na escola de náutica e non sendo aínda de todo un home embarcouse por primeira vez de alumno de ponte.
Un vello “Liberty” supervivente da segunda guerra mundial foi o seu primeiro destino como piloto, e a súa primeira ruta levouno aos países afastados e exóticos dos mares do sur, onde o ceo era dun intenso azul. as augas eran cristalinas e dun ton verde esmeralda .
Foi no bar dun porto dun deses exóticos lugares , onde viu por primeira vez aqueles ollos verdes.
E onde por primeira vez o mozo e inexperto piloto, coñeceu o amor.
Cantas promesas , cantas caricias, cantos bicos , cantas namoradas miradas entre susurros.!
Os días no mar sen aqueles ollos verdes facíanse interminables , contaba as horas e minutos que restaban para volver a recalar no porto da súa amada.
A cada volta de viaxe o mozo ansioso, afanábase por ver no porto aqueles ollos verdes que o agardaban.
¡Eran tan feliz o mozo mariño!, vivía nunha eterna historia de paixón e desexo.
Pero como todas as historias teñen o seu final , esta non podía ser menos.
Un día ao arribar ao porto da súa amada, naquel afastado e exótico país , os ollos verdes non estaban no peirao esperándoo como sempre. Preguntou no bar do porto onde vira por primeira vez aqueles ollos, pero ninguén lle soubo dar respostas. Buscou errático pola cidade durante varios días, pero nada atopou.
Chegou o día de zarpar e o mozo, abatido de dor e amargura, embarcouse para volver o mar.
Cantas bagoas na soidade do súa garda derramou o mozo namorado, cantos suspiros levaron as brisas cara o ceo!
Regresou varias viaxes mais a aquel afastado porto , pero a aqueles fermosos ollos nunca mais volveu a ver, e xamais soubo o porque daquela ausencia.
Hoxe o vello capitán volve a navegar por aquelas augas do mesmo cor que aqueles ollos e apoiado na varanda do alerón ao mariño esváralle unha bagoa pola súa meixela ata caen nas augas do océano da cor dos ollos dunha muller á que unha vez amou.


Manuel M. Caamaño

martes, 13 de marzo de 2007

Estou e poderedesme atopar en:

http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/blog

domingo, 11 de febrero de 2007

A Nana do neno triste



O meu fillo non ten sono,
¿Por qué non queres durmir?
Porque cando xa esperte,
O meu carón non vas vir.
Porque vas ir cara o norte
Para un mar lonxe de aquí
Afastado desta veira
Teu vivir non e vivir.
O meu fillo non ten sono
Non ten ganas de durmir
Ten un olliño pechado
Outro non o pode abrir.
Ai! meu fillo non tes sono
Porque estou lonxe de ti
Durme meu filliño durme
Por que eu solo penso en ti.
O meu fillo non ten sono
¿Por qué non queres durmir?
Porque cando xa esperte
Xa non has de estar aquí.

O Casón e a moi humanitaria vila de Muros










Un dos episodios mais escuros acontecidos na nosa costa foi o do embarrancamento do buque de bandeira panameña Casòn o día 5 de decembro do 1987 , no cabo da Nave logo de sufrir un incendio a bordo.
Concorren neste naufraxio una serie de circunstancias e de escenarios que como mínimo poderiamos definir como estraños.
Gardaba nas súas adegas arredor de 3.000 bidóns de productos que aínda hoxe non se sabe a ciencia certa si eran tóxicos ou prexudiciais de algunha maneira para a saúde, pois nunca se dixo cal era o seu verdadeiro contido.
O día 5 de decembro do ano 87 había na nosa costa un dos habituais vendavais do sudoeste con ventos forza 8 a 9 (unha velocidade nos ventos de entre 70 e 90 kph.).
O Cason con 31 tripulantes abordo navegaba a unha 15 millas a oeste de cabo Fisterra, cando se declarou un incendio no seu compartimento de maquinas; o non ser quen os seus tripulantes de atallar as lapas, lanzaron un S.O.S. que recolleu a radio costera de Finisterre e mais o centro de salvamento marítimo.
A partir de aquí todo foi moi confuso.
23 dos 31 tripulantes do buque panameño decidiron abandonar o buque colocáronse os chalecos salvavidas e saltaron a auga, os 23 pereceron. E de salientar que na maioría deles a causa do falecemento foi por desnucamento , e o motivo foi que se chimparon a auga dende unha altura considerable sen ter ben amarrados os chalecos salvavidas; e o entrar en contacto ca auga a unha velocidade considerable o chaleco o non estar ben suxeito o corpo daba un forte golpe na cabeza dos pobres náufragos partíndolles o pescozo.
Unha das interrogantes de este naufraxio foi o porqué do abandono precipitado destes 23 tripulantes do barco. ¿A que tiñan tanto pánico para saltar así? De feito os que quedaron abordo salváronse todos.
Outra circunstancia estraña foi a de por que non se puido dar remolque o buque. Dous remolcadores de altura chegaron o seu carón poucas horas despois de que o Cason pedise auxilio. Neses momentos o navío panameño aínda se encontraba a varias millas da costa, sen embargo foi levado polo vento e a corrente ate embarrancar.
Despois de embarrancar e cando empezou a auga a anegar as adegas e entrar en contacto cos productos que transportaba, producíronse unha serie de explosións. ¡Os bidóns saltaban literalmente sobor das ondas envoltos en chamas.!
A descoordinación das autoridades foi total e despois de varias horas de indecisións decidiuse a evacuación total das localidades costeiras próximas o embarrancamento.
Aínda hoxe en día non se sabe o que naquela ocasión aconteceu , nin o que transportaba o Casòn , chegou a falarse de productos radioactivos.
Logo os restos que quedaron nas súas adegas foros extraídos e levados para a antiga factoría de Alumina Aluminio Preto de Burela…
E nunca mais se soubo.


Eu naqueles días andaba embarcado de patrón no arrastreiro muradán chamado “Sidri-Rober”; neses tempos faciamos parella co “Llave Del Cielo”, tamén arrastreiro con base en Santa Uxía. Ese día en concreto atopabámonos atracados no porto de Muxiá no cal entraramos a media maña fuxindo do temporal.
As primeiras noticias sobre do Casón obtívenas a través da radiotelefonía o escoitar a petición de auxilio do buque; un incidente mais nas nosas augas, pensei, e non lle din mais importancia.
Pero a cada hora que pasaba as novas eran mais preocupantes ate que embarrancou, despois a confusión e o balbordo.
As noticias eran confusas, falaban de evacuación e Xan ,que era o meu compañeiro Ribeirán e mais eu decidimos sacar os barcos de porto e dirixirnos para Muros.
O tempo era duro do sudoeste e a navegación non era doada. O pasar a altura do cabo dan ave a unas escasas tres millas de onde se atopaba embarrancado o Casón, puiden ollar claramente os resplandores das primeiras explosións da súa carga.
Arribamos a Muros arredor da unha da madrugada do día 6, e o meu pobo estaba literalmente “tomado” polas xentes que tiveron que fuxir apresuradamente dos seus domicilios nas vilas evacuadas.
Púxenme a percorrer as calles de Muros naquela ventosa noite de inverno; o panorama era dramático, familias enteiras buscando cobixo debaixo dos soportais, xente maior que choraba porque tiñan incerteza sobre do que ía a pasar, A estrada ateigada de coches que non daban avanzado..
Si Dante Alighieri buscase imaxes par ao seu inferno , alí aquel día atoparía algunhas.

Tamén aquela noite vin o meu pobo, a miña xente, abrir as portas das súas casas para dar cobixo e alimento a todo o que o necesitase. Escenas que nunca se me han de esquecer e que me fan sentir mais orgullosos si cabe da miña vila e da súa xente.
Non fixo falta que ninguén dixese nada que ninguén pedisen nada, tan so foron abrindo as súas portas e sacando das rúas para dar consolo e abrigo os que ese día eran necesitados.

Aquel día dinme conta do porqué, e do verdadeiro significado, da lenda que reza no escudo de Muros

MOI NOBLE MOI LEAL E MOI HUMATARIA VILA DE MUROS.










Uno de los episodios mas oscuros ocurridos en nuestra costa fue el del embarrancamiento del buque de bandera panameña Casón el día 5 de diciembre del 1987, en el cabo de la Nave después de sufrir un incendio a bordo.Concurren en este naufragio una serie de circunstancias y de escenarios que como mínimo podríamos definir como extraños.Guardaba en sus bodegas alrededor de 3.000 bidones de productos que aún hoy no se sabe a ciencia cierta sí eran tóxicos o prejudiciales de alguna manera para la salud, pues nunca se dijo cuál era su verdadero contenido.El día 5 de diciembre del año 87 había en nuestra costa uno de los habituales vendavales del sudoeste con vientos fuerza 8 a 9 (una velocidad en los vientos de entre 70 y 90 kph.).El Casòn con 31 tripulantes a bordo navegaba a una 15 millas al oeste de cabo Finisterre , cuando se declaró un incendio en su compartimento de maquinas; al no lograr sus tripulantes atajar las llamas, lanzaron un S.O.S. que recogió la radio costera de Fisterra y el centro de salvamento marítimo de Fisterra.A partir de ese momento todo fue muy confuso. 23 de los 31 tripulantes del buque panameño decidieron abandonar el buque se colocaron los chalecos salvavidas y saltaron el agua, los 23 fallecieron. Es de destacar que en la mayoría de ellos la causa de su fallecimiento fue por desnucamiento, y el motivo fue que se lanzaron el agua desde una altura considerable sin tener bien amarrados los chalecos salvavidas; y al entrar en contacto con el que agua a una velocidad considerable el chaleco al no estar bien sujeto al cuerpo daba un fuerte golpe en la cabeza de los pobres náufragos partiéndoles el cuello.Uno de los interrogantes de este naufragio fue el porqué del abandono precipitado de estos 23 tripulantes del barco. ¿A que tenían tanto pánico para saltar así? De hecho los que quedaron a bordo se salvaron todos.Otra circunstancia extraña fue la de por que no se pudo dar remolque al buque. Dos remolcadores de altura arribaron a su costado pocas horas después de que el Casòn pidiese auxilio. En esos momentos el navío panameño aún se encontraba a varias millas de la costa, sin embargo fue arrastrado por el viento y la corriente hasta embarrancar.Después de embarrancar y cuando empezó el agua a anegar las bodegas y entrar en contacto con los productos que transportaba, se produjeron una serie de explosiones. ¡Los bidones saltaban literalmente sobre las olas envueltos en llamas!La descoordinación de las autoridades fue total y después de varias horas de indecisiones se decidió la evacuación total de las localidades costeras próximas al embarrancamiento.Aún hoy en día no se sabe lo que en aquella ocasión ocurrió, ni lo que transportaba el Casòn, llegó a hablarse en algún medio de comunicación de productos radiactivos.Luego los restos que quedaron en sus bodegas fueron extraídos y llevados para la antigua factoría de Alumina Aluminio cerca de Burela…Y nunca más se supo.Yo en aquellos días andaba embarcado de patrón en el arrastrero muradano llamado “Sidri-Rober”; en esos tiempos hacíamos pareja con el “Llave De él Cielo”, también arrastrero en base en Santa Uxía. Ese día en concreto nos encontrábamos atracados en el puerto de Muxiá en el cual habíamos refugiado a media mañana huyendo del temporal.Las primeras noticias sobre del Casón las obtuve a través de la radiotelefonía al escuchar la petición de auxilio del buque; na incidente mas en nuestras aguas, pensé, y no le di mayor importancia.Pero a cada hora que pasaba las nuevas eran mas preocupantes hasta que embarrancó, después la confusión y el alboroto.Las noticias eran confusa se hablaban de evacuación y Xan, que era mi compañero Ribeirense y yo, decidimos sacar los barcos de puerto y dirigirnos para Muros.El tiempo era duro del sudoeste y la navegación no era fácil. Al pasar a la altura de el cabo de la Nave a unas escasas tres millas de donde se encontraba embarrancado el Casón , pude ver claramente los resplandores de las primeras explosiones de su carga.Arribamos a Muros alrededor de la una de la madrugada del día 6, y mi pueblo estaba literalmente “tomado” por las gentes que tuvieron que huir apresuradamente de sus domicilios en las villas evacuadas.Me puse a recorrer las calles de Muros en aquella ventosa noche de invierno; el panorama era dramático, familias enteras buscando cobijo debajo de los soportales, gente mayor que lloraba porque tenían incertidumbre sobre de lo que iba a pasar, la carretera abarrotada de coches que no daban avanzado.Si Dante Alighieri buscarse imágenes par a su infierno, allí aquel día encontraría algunas.También aquella noche vi a mi pueblo, a mi gente, abrir las puertas de sus casas para dar cobijo y alimento a todo el que lo necesitarse. Escenas que nunca se me han de olvidar y que me hacen estar más orgullosos sí cabe de mi villa y de su gente.No hizo falta que nadie dijese nada que nadie pidiesen nada, tan solo fueron abriendo sus puertas y sacando de las calles para dar consuelo y abrigo los que ese día eran necesitados.En aquel momento tomo verdadero sentido el significado y el porqué , de la leyenda que reza en el escudo de Muros.
MUY NOBLE MUY LEAL Y MUY HUMATARIA VILLA DE MUROS.







sábado, 10 de febrero de 2007











Un día a miña filla pequena que aínda vai a preescolar , díxome que a mestra pediralles que lle levasen poesías ou escritos en galego para presentar no concurso de escolas preescolares do municipio co gallo do día das letras galegas. A nena sabedora de que a min me gusta xogar coas verbas e xuntar palabras, veu a o meu carón para que a axudase.
Sentámonos os dous no ordenador e esto foi o que argallamos en primeira instancia , logo enviamos varias mais , pero esta foi a primeira que levou.


Un día a mi hija pequeña que aún asiste a preescolar, me dijo que la maestra les había pedido que le llevasen poesías o escritos en gallego para presentar en el concurso de escuelas preescolares del municipio con motivo del día das letras galegas. La niña conocedora de que a mí me gusta jugar con los vocablos y juntar palabras, vino a mi para que a ayudarse.Nos sentamos los dos en el ordenador y esto fue lo que tramamos en primera instancia, luego enviamos varias más, pero esta fue la primera que llevó.

A mestra pediunos unha poesía ,
Eramos pequenos e ninguén sabia.
E fun o meu pai que e mariñeiro.
vai sobor das ondas pra gañar diñeiro.
Pedinlle un poema ou unha cantiga
E díxome serio - non sei rapariga.
Eu so sei de ondas de escuma dourada
Que tinxen os raios do sol do abrente.
Eu sei de gaivotas , cometas no vento
Que baten súas as sen perder o alento.
Eu sei de golfiños que brincan as ondas
Cun grande sorriso sempre nas súas bocas.
De rosas dos ventos , de estrelas polares
De moi mainas brisas e de vendavais.
Pero non me pidas ningunha cantiga
E nin moito menos unha poesía.
Si acaso quixeses historias salgadas
A centos , milleiros , eu todas chas daba
Pero non me pidas unha rima soa
Que son mariñeiro e non fun a escola.


AH!!!, Gañaron o primeiro premio do concurso