domingo, 30 de diciembre de 2007

O candil do diaño


Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é o episodio “ do farol”.Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou este episodio entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos de mutuo acordo, non contarllo a ninguén ao chegar a porto, pois temiamos ser tomados por ilusos ou simplemente por mentiráns.Todo isto aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era chan como a superficie dun barril de aceite e nin unha lixeira brisa atenuaba o calor reinante.Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun pecio de procedencia e nome descoñecido o que nos chamamos para diferencialo de outros o casco do Celta. Como estaba tan calma, decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos nel.Logo de varias horas e múltiples esforzos, fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a conseguinte perda de tempo.Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi bastante boa, o que mitigou parte do tempo perdido. Preparamos outra rede e volvemos a largar os artes.Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que viron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre, iso e soamente iso, foi o que viron estes olliños, os que vermes algún día han de comer.Un obxecto estraño de metal , que en un principio asemellóuseme a una caixa, apareceu entre a pesca.Baixei a cuberta para ver de preto o que era, e ao observalo mais polo miúdo vin o que parecía ser unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus catro lados; No seu pináculo tiña unha argola , que supoño seria para poder penduralo, e non mediría mais duns 30 Cm. De alto por 15 de lado.Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente nos vellos navíos de vela, para nas noites de navegación alumear, e así facerse visible para outros posibles barcos que navegasen preto da súa derrota.Un mariñeiro alcumado “O Valente” manipulaba o farol ca intención de abrir algunha das súas portas , e cando por fin o conseguiu, cal seria a nosa sorpresa ao poder ver... que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior da lanterna.“O Valente” non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal a súa sorpresa que
deixou caer o “artiluxio do Demo” na cuberta, como se mesmo fora cousa do diaño o que acababa de ver.
Nun longo período de tempo no que ningún de nós se atreveu a tocalo , observabamos a súa luz acesa e desafiante a todas as leis coñecidas da física e da razón. Entón eu, posuído dun valor que tan so proporciona o medo , nun rápido movemento guindei o farol por fora da borda o mar. Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades mariñas (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa terrorífica luz, logo , nada.Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.Decidimos non contarllo a ninguén o chegar o porto, pois certamente nadie nos houbese crido e houbésenos tomado por mentiráns ou por algo aínda peor.
Agora pasado o tempo , decídome a contalo, ca intención de compartir con todos vos tan pavoroso acontecemento, facendo de este modo un claro acto de confesión co que tratar de aliviar os pesadelos que me perseguen dende aquel maldito día.
Aínda hoxe , logo de tantos anos, ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se aquel brillo diabólico me estivese alumeando aínda.
Manuel M. Caamaño
28-12-06

jueves, 27 de diciembre de 2007

Mensaxe nunha botella







Non sei como empezar, estou nervoso pola nova que acabo de recibir.

Eu houbo un tempo que tódolos días cando ía para o mar , collía nunha maquina expendedora de bebidas refrescantes dúas botellas de Coca Cola.
Nestas botellas logo de baleiradas as veces metía un papel co nome do barco, unha situación xeográfica por coordenadas e mais a miña dirección de correo electrónico, e logo de ben pechadas , tirabas o mar.
De todo isto fai xa mais de tres anos, e nunca mais supen.

Agora acabo de recibir un correo que me deixou totalmente abraiado!!!

Pego a qui a mensaxe orixinal en inglés e logo cóntovos.




Hi, let me introduce my self. My name is Catherine Thompson and I am from
Sidney, Australia. Probably you are a bit confuse about this message but I am
going to explain it right now.
Last weekend I was walking alongside the sea
in a so cute beach, “Cronulla”, close to Sidney. I was playing with my little
dog “Johni”. We are used to play at the same way, he usually pick up some
things on the sand and then I through them away. When, one time, he brought me a
coke bottle. I thought that it was a normal bottle, but when I took it in my
hands, I realized that it was a special letter. A letter inside a bottle.
In
that moment I felt like a little kid when they have a fabulous present. I opened
the bottle and started to read the letter. The problem was that the letter was
in a different language so I introduced the text in Internet and translated it.
The letter was a bit distorted, I think that it is probably about the water.
Maybe, even with the bottle so closed, some water could filtrate through it. I
don´t know when you send the bottle, why you send it, and so on. I have so much
questions about this matter.
In the letter I rode an e_mail address to get in
touch just in case. That is the way I am in touch with you. I am till in shock
about this issue, I can´t believe that something like that could happen. I am
really anxious and, believe me, a bit nervous. I never saw the same. It was so
great if you could get in touch with me and tell me how it could happen. I know
that it is a bit confuse and incredible. I will send you a photo about the
bottle enclosed.
My e_mail is: XXXXXXX@gmail.com

A prompt
replay will be appreciated.
Thanks so much



Para os que como eu non sexades destros no idioma inglés , cóntovos o que mais ou menos ca axuda dun tradutor on-line puiden comprender.


Catherine dende Australia dime que paseando co seu can por unha praia preto de Sidney atopou unha botella de cola que parecía ter un papel dentro.

O abrir a botella puido comprobar que o papel tratábase dun mensaxe , do que a pesar de estar algo húmido e bastante deteriorado puido ler un nome (M/P SIDRI ROBER), unhas coordenadas xeográficas , e unha dirección de correo electrónico ( a miña).

Que se pon en contacto comigo para saber si realmente eu tirei esa botella o mar e si é así parécelle incrible que houbese chegado a botella a Australia en 3 anos.



Acabo de contestar o seu correo e espero que me de mais detalles para poder contarvos mais polo miúdo o caso.






Catherine enviame tamén dúas fotos do achádego que poño aqui.
A primeira e o papel do mensaxe e a segunda é a botella na praia, tal como a atopou o seu can.


miércoles, 26 de diciembre de 2007




Podo argallar os desexos mais ledos neste intre.


Ser Belerofonte e cabalgar no lombo de Pegaso


sobre un arco da vella que me leve a Helicón


onde atopar a máxica fonte que de senso as miñas verbas.


Ou poida que sexa Ulises,


nómade nun mar inclemente.


E deixarme prender polas cantigas doces das nereidas.


Ou ser Caronte quizais, e loitar con Cacerbero


para conseguir entrar no Hades na procura de Persefone


e abandonar para sempre a miña barca da Estigia lagoa .


So con pechar as pálpebras podo ver ...


So con cegar os ollos podo estar ...


A realidade so esta mais aló do senso;


As verdades absolutas tan so aniñan no maxín.


O cotián so e unha burda entelequia,


recuncho onde esvaecen ate finar as vontades.


Un oneroso tránsito na procura da eternidade.


Por iso, podo argallar neste intre os mais ledos desexos.


Ou quizais non sexan desexos, nin tan sequera ledos,


e tan so sexan atormentados anacos de realidade....


Manuel M. Caamaño

lunes, 24 de diciembre de 2007

De momento ainda estou en

http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/blog


Pero estouno a pensar

O Vello Capitán





O vello capitán apoiado no peitoril do alerón do enorme petroleiro que mandaba , observaba absorto aquelas augas dos mares do sur dunha cor verde intenso.
Aquelas mesmas augas que navegara por primeira vez cando era só un mozo e inexperto alumno de ponte, facía case medio século antes.
Procedía o vello capitán dunha familia de rancia tradición mariñeira, e o optou por non romper esa tradición.
Sendo aínda case un neno ingresou na escola de náutica e non sendo aínda de todo un home embarcouse por primeira vez de alumno de ponte.
Un vello “Liberty” supervivente da segunda guerra mundial foi o seu primeiro destino como piloto, e a súa primeira ruta levouno aos países afastados e exóticos dos mares do sur, onde o ceo era dun intenso azul. as augas eran cristalinas e dun ton verde esmeralda .
Foi no bar dun porto dun deses exóticos lugares , onde viu por primeira vez aqueles ollos verdes.
E onde por primeira vez o mozo e inexperto piloto, coñeceu o amor.
Cantas promesas , cantas caricias, cantos bicos , cantas namoradas miradas entre susurros.!
Os días no mar sen aqueles ollos verdes facíanse interminables , contaba as horas e minutos que restaban para volver a recalar no porto da súa amada.
A cada volta de viaxe o mozo ansioso, afanábase por ver no porto aqueles ollos verdes que o agardaban.
¡Eran tan feliz o mozo mariño!, vivía nunha eterna historia de paixón e desexo.
Pero como todas as historias teñen o seu final , esta non podía ser menos.
Un día ao arribar ao porto da súa amada, naquel afastado e exótico país , os ollos verdes non estaban no peirao esperándoo como sempre. Preguntou no bar do porto onde vira por primeira vez aqueles ollos, pero ninguén lle soubo dar respostas. Buscou errático pola cidade durante varios días, pero nada atopou.
Chegou o día de zarpar e o mozo, abatido de dor e amargura, embarcouse para volver o mar.
Cantas bagoas na soidade do súa garda derramou o mozo namorado, cantos suspiros levaron as brisas cara o ceo!
Regresou varias viaxes mais a aquel afastado porto , pero a aqueles fermosos ollos nunca mais volveu a ver, e xamais soubo o porque daquela ausencia.
Hoxe o vello capitán volve a navegar por aquelas augas do mesmo cor que aqueles ollos e apoiado na varanda do alerón ao mariño esváralle unha bagoa pola súa meixela ata caen nas augas do océano da cor dos ollos dunha muller á que unha vez amou.


Manuel M. Caamaño