skip to main |
skip to sidebar
Socorro lembra unha historia que lle contou a súa nai.
Se falamos de virtudes , a gratitude é unha das menos doadas de atopar hoxe en día. Por iso me decido a retomar este blog con esta pequena e entrañable historia.
"Aqui vai o meu relato, como vedes e algo que lle pasou a miña nai, e decidin compartilo, pareceume algo curioso!!! .......................
Eran outros tempos. A xente emigraba: uns por ideas políticas, fuxindo! Outros fuxindo da fame!
Esta era unha familia que ía buscar mellor sorte a outros mundos, neste caso á Arxentina, pero ao rapaz de 9 anos non lle agradaba a idea, parecíalle o fin do mundo, e non se cansaba de chorar!! Alí andaban todos a convencelo, ademais ía con toda a familia: súa nai, seu pai, seus irmáns -todos. E el seguía a chorar e espernexar: que non quería marchar! Non coñecía outra cousa e o seus amigos quedaban alí!
Nesa situación, miña nai, aos seus 19 anos, coñecendo o rapaz desde que nacera e téndolle especial cariño non soportou velo chorar así. Foi a pé del e díxolle: “Ven comigo, teño algo para ti, algo para que o leves contigo de recordo. Así entrou na súa casa co rapaz, foi á caixa de ferramenta de seu pai e sacou un metro deses amarelos dos que abres e cerras recollendo as pezas entre si. Colleu o metro e entregoullo ao rapaz que a raíz disto foi parando de chorar.
Parece que lle gustou! Xogando con el, o neno foi saíndo da casa cun sorriso. Ao chegar á porta volveuse cara miña nai e despediuse cun abrazo. Xa tiña o metro de recordo para levar con el e parecía satisfeito. Miña nai quedou mirando como se alongaban… e non soubo máis deles. Ben, si que soubo: que chegaran á Arxentina e que alí quedaran a vivir.
E pasaron moitos moitos anos, digamos que máis de 50, que xa é dicir! Un día de tantos da rutina de miña nai: aburrida vendo a tele dispois do paseo do día, sinte petar a porta. Alá vai abrir…! Encontra un señor, de 60 anos máis ou menos, que non coñece? Nese intre ela pensa: aquí sempre veñen preguntar por a casa dalgún veciño. Por ese motivo lle pregunta ao home: en que podo axudalo? O señor cun grande sorriso, dille: “Pero non me coñeces? De verdade que non te lembras de min…??”
Nese momento miña nai ve a cara daquel rapaz, do que se despedira tantos anos atrás, e dicindo o seu nome, dálle un abrazo. Non o podo crer! E que fas por aquí?? - Pregunta ela -. Pois andei a preguntar onde vivías. Non coñezo case nada do pobo. Cando marchei non había tantas casas… Así que preguntei por ti e busqueiche pois quería mostrarche algo.
Meteu a man no bolso da chaqueta e sacou o metro amarelo, o mellor metro que tiña o pai de miña nai na casa e por causa do cal ela fora castigada. O mismo metro que ela lle regalara, anos atras!!
Aquel xesto encantoulle á miña nai. Non o podía crer! Preguntoulle si llo traía de volta. El contestoulle que non: que con el fora e con el volvera e aínda que lle encantaba o pobo e traía o billete de avión aberto porque non sabía cando volvería marchar, o metro ía de volta con el !!!
Isto a miña nai, quedaralle gravado por moito tempo, por iso mo conta con alegría! Cando mo contou, en conversación telefónica, non lle puxen moita atención pois eu andaba ca cabeza noutras cousas. Ela dicíame: estou a romperche a cabeza con parvadas que a ti non che importan… Cóntame: e vos como estades? Que tal Mónica e David? Ramón segue traballando ao frío? Cóntame mamá, que non me aburren os teus contos, que si che atendín - respondín eu -. Ben, deixamos dime ela… voume deitar que xa son as 11, fai frío e na cama estase mellor. Bicos para todos, até outro día! Eu contéstolle: un bico mama e si che escotei o conto moi real e moi bonito ! Un bico, hasta outro día!!!…
Pero non me entrou o conto hasta que me quedei soa, cavilando ao final do dia . E sei que non vai ser a última vez que o oia. Sei que cos fillos que ten non vai lembrar a quen llo contou, e volverei a oílo… Nin sequera lle direi: xa mo tes contado mama, pois dáme moito gusto vela feliz contando as suas historias, que son sempre reales, de cousas que lle pasaron. Como a min… mira por donde! a min tamen me gusta contar as miñas, e que me escoiten !!! Ao fin e o cabo son súa filla!!! A quen me ía imitar!"
Socorro Lago Fernández