miércoles, 2 de enero de 2008




Meu pai era mariñeiro, meus avós tamén o foron, meus irmáns no seu día percorreron tamén o mar.
O meu berce foi unha caixa de peixe forradiña de tela e con uns balancíns cravados no seu fondo.
A calle onde nacín baixaba perpendicular a vila ate desembocar no mar.
Todo na miña vida me empurrou para o mar, i eu deixeime arrastrar a el, para arrolarme nas súas ondas, para loitar cos seus ventos e para arrincarlle os seus froitos.
E agora despois de mais de trinta anos andando no mar , o único que teño certo e que cando fine , quero ficar en el. Que as miñas cinzas se mesturen nas augas do meu mar , e me envolvan , me disolvan, me agreguen a elas .

E así para sempre, así para a eternidade .

O poeta dicía:




Su cuerpo dejará, no su cuidado;
Serán ceniza, mas tendrá sentido;
Polvo serán, mas polvo enamorado.

.
Eu non quero ser po, que quero ser auga salgada... namorada!!!.

No hay comentarios: