martes, 12 de febrero de 2008

Perigos asolagados



Carta náutica da Ria de Muros
.................


Nas inmediacións da entrada da Ría de Muros atópanse algún dos baixos mais perigosos de toda a costa galega . Pedras que nunca sobresaen do mar pero que están tan so cubertas por uns poucos metros de auga o axexo de calquera navegante despistado.
Meixide, Mean, Ximiela e mais Baia son os nomes destes baixos. Cando o mar esta calmo e chan e difícil saber a súa localización a non ser que se dispoña de una carta detallada da zona ou se coñezan as súas situacións por medio de enfilacións de dous ou mais accidentes xeográficos na costa. Este segundo método , o das marcas, foi e segue a ser utilizado polos pescadores dende tempos inmemoriais.
Os arredores de estes baixos son verdadeiros cemiterios de naves que por ter perdido o seu rumbo , ou por ser levados alí polos ventos ou as correntes.
Esta e unha pequena lista de algúns dos mais salientables naufraxios que teñen acontecido neles.
................
MEIXIDE:
Ter................................ ano 1900 mercante
Ussabón.........................ano 1900 mercante
Castor ...........................ano 1901 mercante
Sorrento........................ ano 1904 mercante
Cardenal Cisneros........ ano 1905 buque de guerra
Robina ...........................ano 1917 mercante
Condor ...........................ano 1921 Pilebote
.....................
MEAN:
Natal .............................ano 1887 mercante
Bonnacorel ...................ano 1890 pasaxe
Rochestar .....................ano 1894 mercante
Virxe das Dores ...........ano 1920 pesqueiro
.......................
XIMIELA:
Nile ...............................ano 1890 pasaxe
Larache ........................ano 1908 pasaxe
Alberto Treves .............ano 1916 mercante
......................
BAIA:
Vellatona .......................ano 18?? pasaxe
Salier..............................ano 1896 Pasaxe
Horatio ..........................ano 1904 mercante

domingo, 10 de febrero de 2008

O Siboney

Foto do Siboney do ano 1934





Era media mañá do día 10 de setembro de 1920. O trasatlántico da Ward Line de bandeira estadounidense Siboney enfiaba a entrada da boca norte da Ría de Vigo.
O tempo despexado e o mar en calma non facían augurar a traxedia que sobreviría en poucos minutos.



Cartel anunciador da comprania The New York And Cuba Mail, primeiro nome que tivo a Ward Line








O Siboney chegaba a Vigo procedente de Santander coa intención de recoller a un numeroso grupo de emigrantes que se dirixían a Cuba.
Inexplicablemente o buque pretendeu entrar na ría a través da pequeno canle que existe entre o faro da Punta Borneira e a costa, o desastre estaba servido. O Siboney tocaba fondo quedando encallado nunhas rochas a 150 metros do faro.
Mas inexplicable neste embarrancamento se cabe, é a circunstancia de que o buque entrara xa varias veces na ría, a última facía apenas unha semana na súa viaxe de volta de Cuba e rumbo a Santander.


Camarote de 1ª do Siboney



As numerosas embarcacións pesqueiras que se atopaban nas proximidades puideron ser testemuñas de primeira man do accidente e foron os primeiros en acudir para participar nos labores de rescate dos pasaxeiros e da tripulación; non houbo que lamentar p vítimas mortais no sinistro, pero temíase seriamente pola integridade do buque. Logo dunha primeira avaliación por parte dos técnicos que pretendían reflotalo, considerouse agardar ás preamares que tería lugar os días 13 e 14 , e para tal efecto utilizose o remolcador danés Walkyriam con resultado negativo logo de varios intentos de sacar ao correo estadounidense da súa cama de rochas. Despois de moito esforzo e inxentes traballos e tras a voadura dunhas das rochas onde repousaba o pantoque do buque sinistrado, o día 30 puido ser posta a flote definitivamente.
Logo seria remolcado ata Ríos, no municipio de Teis, quedando alí fondeado en espera da súa reparación posterior.

Os pasaxeiros do Siboney serian embarcados poucos días despois no Henry R. Mallory que foi enviado pola Ward Line para tal efecto.
………





.N. Bellin. Carte de la Baye de Vigo et isles de Bayonne. 1.764. Do Petit Atlas Maritime. Gravado de plancha de cobre. 173 x 215 mm. Coloreado a man.





................





O Siboney fora construído dois anos antes e desprazaba 7600 toneladas brutas, tendo una eslora de 123 metros .
Logo de saír do estaleiro articipou na primeira Guerra Mundial como trasporte de tropas e non foi ata despois da contenda cando comezou as súas singraduras como buque de pasaxe.
………..

Curiosamente outro buque da Ward Line , o Black Arrow embarrancaría nas proximidades do Cabo Vilán un ano despois por mor dunha espesa néboa. Neste naufraxio tampouco houbo que lamentar perdas humanas.

Imaxe do Black Arrow

sábado, 2 de febrero de 2008