domingo, 10 de febrero de 2008

O Siboney

Foto do Siboney do ano 1934





Era media mañá do día 10 de setembro de 1920. O trasatlántico da Ward Line de bandeira estadounidense Siboney enfiaba a entrada da boca norte da Ría de Vigo.
O tempo despexado e o mar en calma non facían augurar a traxedia que sobreviría en poucos minutos.



Cartel anunciador da comprania The New York And Cuba Mail, primeiro nome que tivo a Ward Line








O Siboney chegaba a Vigo procedente de Santander coa intención de recoller a un numeroso grupo de emigrantes que se dirixían a Cuba.
Inexplicablemente o buque pretendeu entrar na ría a través da pequeno canle que existe entre o faro da Punta Borneira e a costa, o desastre estaba servido. O Siboney tocaba fondo quedando encallado nunhas rochas a 150 metros do faro.
Mas inexplicable neste embarrancamento se cabe, é a circunstancia de que o buque entrara xa varias veces na ría, a última facía apenas unha semana na súa viaxe de volta de Cuba e rumbo a Santander.


Camarote de 1ª do Siboney



As numerosas embarcacións pesqueiras que se atopaban nas proximidades puideron ser testemuñas de primeira man do accidente e foron os primeiros en acudir para participar nos labores de rescate dos pasaxeiros e da tripulación; non houbo que lamentar p vítimas mortais no sinistro, pero temíase seriamente pola integridade do buque. Logo dunha primeira avaliación por parte dos técnicos que pretendían reflotalo, considerouse agardar ás preamares que tería lugar os días 13 e 14 , e para tal efecto utilizose o remolcador danés Walkyriam con resultado negativo logo de varios intentos de sacar ao correo estadounidense da súa cama de rochas. Despois de moito esforzo e inxentes traballos e tras a voadura dunhas das rochas onde repousaba o pantoque do buque sinistrado, o día 30 puido ser posta a flote definitivamente.
Logo seria remolcado ata Ríos, no municipio de Teis, quedando alí fondeado en espera da súa reparación posterior.

Os pasaxeiros do Siboney serian embarcados poucos días despois no Henry R. Mallory que foi enviado pola Ward Line para tal efecto.
………





.N. Bellin. Carte de la Baye de Vigo et isles de Bayonne. 1.764. Do Petit Atlas Maritime. Gravado de plancha de cobre. 173 x 215 mm. Coloreado a man.





................





O Siboney fora construído dois anos antes e desprazaba 7600 toneladas brutas, tendo una eslora de 123 metros .
Logo de saír do estaleiro articipou na primeira Guerra Mundial como trasporte de tropas e non foi ata despois da contenda cando comezou as súas singraduras como buque de pasaxe.
………..

Curiosamente outro buque da Ward Line , o Black Arrow embarrancaría nas proximidades do Cabo Vilán un ano despois por mor dunha espesa néboa. Neste naufraxio tampouco houbo que lamentar perdas humanas.

Imaxe do Black Arrow

No hay comentarios: