domingo, 4 de enero de 2009

Achados no mar




....................
Cando se faena con artes de arrastre sobre da superficie da plataforma continental , dentro do aparello as veces, aparte de peixes , veñen outras cousas. Obxectos que son guindados pola borda dende mercantes ou iates que pasan pola nosa costa, restos de naufraxios, e lixo,. De feito unha das nosas funcións engadidas é o de varredores do mar, recollemos todo o lixo que ven dentro do aparello e traémolo para terra para o seu posterior reciclaxe.
Pero de cando en vez fanse achados raros ou curiosos, como lles pasou os arrastreiros muradáns “Carmen Garrido” e “Marina” aló no mes de abril do ano 1943 en plena II Guerra Mundial.
O día 20 de abril , o axudante de Mariña de Muros informaría a capitanía do Ferrol dos seguintes feitos:
“Cuando se hallaba en las faenas de arrastre el pesquero gallego “Carmen Garrido”, a 7 millas al SW. De Monte Louro, encontró los restos de un avión aliado, consistentes en un cristal de la cabina del piloto, una caja de munición y once proyectiles de ametralladora; todo el material encontrado está muy deteriorado, mientras que tanto por la situación del hallazgo como por la identificación de los restos se cree que pueden pertenecer a un avión americano caido al mar recientemente a 5 millas al NE. de Cabo Corrubedo”
Na mesma nota informativa relata que outro arrastreiro muradán , o Marina achou a 7 millas o SW. Do Cabo Finisterre os restos das ás de outro avión cun peso aproximado de 60 quilos e unha superficie de tres metros. Os restos atopados foron depositados nas dependencias da Axudantia de Mariña de Muros.

1 comentario:

olga dijo...

Acabamos de deixarche un agasallo no noso blog. Pasa a recollelo :-)
http://bemilladoiro.blogspot.com