lunes, 24 de diciembre de 2007

O Vello Capitán





O vello capitán apoiado no peitoril do alerón do enorme petroleiro que mandaba , observaba absorto aquelas augas dos mares do sur dunha cor verde intenso.
Aquelas mesmas augas que navegara por primeira vez cando era só un mozo e inexperto alumno de ponte, facía case medio século antes.
Procedía o vello capitán dunha familia de rancia tradición mariñeira, e o optou por non romper esa tradición.
Sendo aínda case un neno ingresou na escola de náutica e non sendo aínda de todo un home embarcouse por primeira vez de alumno de ponte.
Un vello “Liberty” supervivente da segunda guerra mundial foi o seu primeiro destino como piloto, e a súa primeira ruta levouno aos países afastados e exóticos dos mares do sur, onde o ceo era dun intenso azul. as augas eran cristalinas e dun ton verde esmeralda .
Foi no bar dun porto dun deses exóticos lugares , onde viu por primeira vez aqueles ollos verdes.
E onde por primeira vez o mozo e inexperto piloto, coñeceu o amor.
Cantas promesas , cantas caricias, cantos bicos , cantas namoradas miradas entre susurros.!
Os días no mar sen aqueles ollos verdes facíanse interminables , contaba as horas e minutos que restaban para volver a recalar no porto da súa amada.
A cada volta de viaxe o mozo ansioso, afanábase por ver no porto aqueles ollos verdes que o agardaban.
¡Eran tan feliz o mozo mariño!, vivía nunha eterna historia de paixón e desexo.
Pero como todas as historias teñen o seu final , esta non podía ser menos.
Un día ao arribar ao porto da súa amada, naquel afastado e exótico país , os ollos verdes non estaban no peirao esperándoo como sempre. Preguntou no bar do porto onde vira por primeira vez aqueles ollos, pero ninguén lle soubo dar respostas. Buscou errático pola cidade durante varios días, pero nada atopou.
Chegou o día de zarpar e o mozo, abatido de dor e amargura, embarcouse para volver o mar.
Cantas bagoas na soidade do súa garda derramou o mozo namorado, cantos suspiros levaron as brisas cara o ceo!
Regresou varias viaxes mais a aquel afastado porto , pero a aqueles fermosos ollos nunca mais volveu a ver, e xamais soubo o porque daquela ausencia.
Hoxe o vello capitán volve a navegar por aquelas augas do mesmo cor que aqueles ollos e apoiado na varanda do alerón ao mariño esváralle unha bagoa pola súa meixela ata caen nas augas do océano da cor dos ollos dunha muller á que unha vez amou.


Manuel M. Caamaño

No hay comentarios: