miércoles, 26 de diciembre de 2007




Podo argallar os desexos mais ledos neste intre.


Ser Belerofonte e cabalgar no lombo de Pegaso


sobre un arco da vella que me leve a Helicón


onde atopar a máxica fonte que de senso as miñas verbas.


Ou poida que sexa Ulises,


nómade nun mar inclemente.


E deixarme prender polas cantigas doces das nereidas.


Ou ser Caronte quizais, e loitar con Cacerbero


para conseguir entrar no Hades na procura de Persefone


e abandonar para sempre a miña barca da Estigia lagoa .


So con pechar as pálpebras podo ver ...


So con cegar os ollos podo estar ...


A realidade so esta mais aló do senso;


As verdades absolutas tan so aniñan no maxín.


O cotián so e unha burda entelequia,


recuncho onde esvaecen ate finar as vontades.


Un oneroso tránsito na procura da eternidade.


Por iso, podo argallar neste intre os mais ledos desexos.


Ou quizais non sexan desexos, nin tan sequera ledos,


e tan so sexan atormentados anacos de realidade....


Manuel M. Caamaño

No hay comentarios: